'Palmira Lará' viaxa ao País Vasco na busca de emigrados que manteñan a tradición galega na diáspora - CSAG
'Palmira Lará' viaxa ao País Vasco na busca de emigrados que manteñan a tradición galega na diáspora
Miguel Lesta e Leticia Rei coñecerán un mestre de gaita en Trintxerpe, e visitarán o museo da música popular Soinuenea de Oiartzun

Santiago, 22.6.2026.- Viaxe, memoria e identidade cultural mesturaranse hoxe nunha nova entrega de ‘Palmira Lará’ (22:50 h), o programa da TVG que acompaña a Miguel Lesta e Leticia Rei no seu percorrido para recoller cancións, bailes e historias transmitidas de xeración en xeración.
Nesa ocasión, viaxarán ao País Vasco na busca de emigrados que manteñan a tradición galega na diáspora. Alí coñecerán a Manuel, mestre de gaita en Trintxerpe, e visitarán o museo da música popular Soinuenea de Oiartzun.
Ademais, con Manolo, que marchou de Silleda a Caracas e despois a Hernani, Miguel e Leticia van aprender como a música é unha das mellores formas de estar sempre na casa.
