div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Os crononautas' abordan esta noite a conquista dos romanos e o legado que deixaron en Galicia

Trisha Fernández e David Vilares viaxarán á antiga Gallaecia para saber como era a vida naquela época e por que aínda se poden seguir atopando pegadas de Roma dous mil anos despois

csag.gal 24/09/2026 00:01

Santiago, 24.9.2026.-  Nunha nova entrega de ‘Os Crononautas’ (22:50 h), Trisha Fernández e David Vilares seguirán viaxando a diferentes momentos da historia de Galicia para coñecer de primeira man os acontecementos, os personaxes e os lugares que conformaron a identidade galega. 

Nesta ocasión, trasladaranse á época romana para descubrir como Galicia pasa de ser unha terra de castros a formar parte do Imperio romano. Deste xeito, o episodio desta semana aborda a conquista do territorio e o legado que Roma deixou na Gallaecia. Como verán os espectadores, a chegada dos romanos cambiouno todo: organizou o territorio, conectou Galicia co mundo e deixou unha pegada que aínda hoxe en día se percibe no noso xeito de vivir.

Nesta viaxe no tempo á época en que Roma chegou ao fin do mundo coñecido, atraída polo ouro das montañas, polas rutas comerciais e polo control deste extremo do Atlántico, ‘Os Crononautas’ descubrirán como Décimo Xuño Bruto cruzou o río Limia pensando que podía perder a memoria, asistirán a batallas épicas e verán como se construíu a muralla de Lugo pedra a pedra.

Ademais, saberán como era realmente a vida na Gallaecia romana, como vestían, como loitaban, que comían e por que seguimos atopando pegadas de Roma en Galicia dous mil anos despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade