‘Latitude galega’ fainos viaxar esta noite ata Nova York - CSAG
‘Latitude galega’ fainos viaxar esta noite ata Nova York
Da man de cinco galegos que viven en NY, Alba Mancebo levaranos visitar os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou Times Square

‘Latitude galega’, o programa de viaxes polo mundo da TVG, visita este martes á noite Nova York. Entre moitos outros puntos de interese, Alba Mancebo levaranos visitar os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou Times Square. Coñeceremos Nova York da man de cinco galegos: Anxo, un mestre de Esteiro; Tania, unha bióloga de Ourense; Daniel, un mordomo de Vigo; Mario, un informático de Santiago; e Vanesa unha artista de Vigo.
Conducido por Alba Mancebo e Perico Balado, ‘Latitude galega’ percorre diferentes lugares do mundo a través das experiencias dos galegos que viven no exterior. Ao longo de 13 entregas, visitan diversos países para coñecer, xunto ás persoas protagonistas, a gastronomía, a cultura e as paisaxes do seu lugar de adopción, establecendo sempre pontes con Galicia.
