'Galicia bonita' ponse mans á obra coa reforma dunha casa enorme, con necesidades de máis para un tempo tan xusto - CSAG
'Galicia bonita' ponse mans á obra coa reforma dunha casa enorme, con necesidades de máis para un tempo tan xusto
Unha vivenda grande de pedra para repicar, uns pendellos ruinosos diante da casa e un depósito de gasóleo xigante esnaquizan a paisaxe da propiedade

csag.gal
03/11/2026 00:01
Santiago, 3.11.2026.- O equipo de ‘Galicia bonita’ (22:50 h) desprázase hoxe ata a parroquia pontevedresa das Eiroás, en Mourente, onde deberá afrontar unha obra con numerosas esixencias para o tempo tan xusto co que conta en cada reforma.
Unha enorme casa de pedra para repicar, uns pendellos ruinosos diante da casa e un depósito de gasóleo xigante esnaquizan a paisaxe da propiedade de Gabi e Xacobe, unha parella nova que está mudándose á vivenda, xunto coa irmá pequena dela.
A pesar da axuda de Carmen na albanelaría, o equipo de Rosa Facal camiñará ao límite para a entrega do venres.
CRTVG VIVA