div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Galicia bonita' enfróntase ao Nadal máis anticipado en Silleda, entre luces e urxencias de obra

O programa continúa despois en Ponteceso, onde o equipo se enfronta a un proxecto ambicioso e a unha propietaria moi controladora

 

csag.gal 22/10/2025 00:01

Santiago, 22.10.2025.-   Este mércores, ‘Galicia bonita’ (21:45 hadiántase ao Nadal coa súa chegada a Silleda. Toño e Andrea, unha parella chea de enerxía e con moitas ideas propias sobre limpeza e orde, propoñen un desafío ao equipo de Rosa Facal: ter a casa e a contorna listas para acender o alumado de Nadal antes que ningún veciño.

Entre as tarefas desta intensa semana figuran o recebo do ladrillo da palleira, a limpeza da finca, a organización dos espazos dos animais, a mellora da escaleira exterior, o salpicado do muro de peche, o pintado dos portóns e a colocación de plantas no xardín. Cinco días de traballo contra o reloxo e con espírito festivo para conseguir unha reforma digna para o acendido das luces.

A noite continúa coa viaxe do equipo a Ponteceso, onde ‘Galicia bonita’ se enfronta a unha illada vivenda en bloque e a unha anciá propietaria, Dosinda, que leva un exhaustivo control da reforma. O ambicioso do proxecto dificulta unha semana que podería demorarse máis alá dos cinco días previstos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade