div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Galicia bonita' afronta unha reforma moi esixente, coa transformación da vivenda e dun cabazo como prioridade

O equipo do espazo deberá enfuscar e renovar o tellado da casa, amais de reformar totalmente o hórreo, recuperar a pedra e facer unha balaustrada cun acceso seguro

csag.gal 24/11/2026 00:01

Santiago, 24.11.2026.-   ‘Galicia bonita’ (22:50 horas) volve marcar este martes o reto de reformar unha vivenda do rural, en apenas cinco días, de novo na comarca de Bergantiños. O equipo de Rosa Facal desprazarase ata San Xián de Langueirón, en Ponteceso, para acometer a transformación dunha vivenda e dun gran cabazo, unha rehabilitación moi esixente para a que deberán contar con máis axudantes. 

Os propietarios Yolanda e Martín non foron capaces de arranxar o seu cabazo que está cheo de cemento gris e ten unha varanda oxidada. Neste senso, precisa tellas e fiestras, ademais dunha balaustrada con acceso seguro e a recuperación da pedra. Unha encomenda para a que van precisar moito material e onde o carpinteiro vai ter que traballar arreo. 

Mentres, Yoli e o seu tío apoiarán en todo o posible o equipo, con variados pratos e enerxía de sobra para poñer a todo o mundo a traballar. Marcarán como prioridade a rehabilitación do cabazo, aínda que tamén deberán afrontar laboriosas tarefas, como a demolición dun pendello e dun leñeiro, a renovación do tellado da casa ou o enfuscado dos espazos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade