'Galicia bonita' achega esta noite senllas reformas en Moraña e Tomiño, dúas vivendas con retos moi diferentes - CSAG
'Galicia bonita' achega esta noite senllas reformas en Moraña e Tomiño, dúas vivendas con retos moi diferentes
Rosa Facal e o equipo afrontarán a recuperación dunha casa de pedra deteriorada por sucesivas ampliacións e outra transformación con conciencia ecolóxica

Santiago, 5.11.2025.- O equipo de ‘Galicia bonita’ (21:45 h), liderado pola arquitecta Rosa Facal, regresa este mércores á TVG cunha dobre reforma. Os espectadores poderán gozar hoxe das melloras en dúas vivendas con alma e retos moi distintos.
A primeira parada será en Moraña, onde Rosa e os seus colaboradores se enfrontan á recuperación dunha fermosa casa de pedra deteriorada polas sucesivas ampliacións familiares. Uns accesos insuficientes e algunha baixa inesperada porán á arquitecta contra as cordas, obrigándoa a persuadir e negociar co seu equipo para poder sacar adiante o proxecto.
Na segunda reforma, o equipo de ‘Galicia bonita’ desprazaranse ata Tomiño para afrontar o reto de transformar unha pequena vivenda con conciencia ecolóxica. Os seus propietarios, Carven e Álex, é unha parella ecoloxista que quere volver ás súas orixes despois de moitos anos de vida nómade, e buscan un fogar que respecte a contorna e fuxa do consumo excesivo de recursos urbanos.
