div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente oculto' reconstrúe o asasinato de Montserrat Martínez, resolto dez anos despois, tras reabrir o caso

O programa afonda na investigación que permitiu deter o principal sospeitoso e aborda tamén os problemas de convivencia entre veciños e locais nocturnos 

csag.gal 19/10/2026 00:01

Santiago, 19.10.2026.-  ‘Expediente oculto’ (22:50 h) aborda este luns o asasinato de Montserrat Martínez, unha muller de 21 anos, que apareceu morta na localidade ourensá de Viana do Bolo en abril de 2001, en plena celebración da Semana Santa. O programa reconstrúe esta noite a investigación, que conseguiu reabrir o caso e a frase coa que o asasino acabou delatándose. 

Os axentes da Garda Civil rexistraron unha denuncia pola desaparición dunha moza que saíra de festa cos seus amigos a noite anterior e non regresara a casa. O seu cadaleito, con numerosos golpes e contusións, apareceu seis días despois de presentar a denuncia, tirado nunha zona de maleza, nunha leira contigua ao parque de Cabo da Vila. Un caso que puxo a Garda Civil en alerta, aínda que tardaría unha década en resolvelo. En 2009, un novo equipo da Policía Xudicial dá coa clave para deter o sospeitoso número 1, Manuel Mouriño, quen inicialmente tiña coartada confirmada pola familia. 

‘Expediente oculto’ aborda tamén os conflitos entre veciños e locais nocturnos, así como a inseguridade que xeran. Sobre a mesa de sucesos, o programa exporá a complicada convivencia entre uns veciños de Lugo e un ‘after’ en que a festa nunca parece rematar...

Para analizar ambos casos, ‘Expediente oculto’ contará este luns coa participación de Xosé Antonio Vázquez Taín, Elena Villanueva, Berta Rodríguez, José Ferreiro e Antón López como colaboradores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade