div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente oculto' reconstrúe hoxe o crime de Verín e pon o foco no asasinato de Matilde Muñoz en Indonesia

O espazo achegarase tamén ao mosteiro de Melón, un dos grandes templos da Galicia medieval, onde a historia convive con lendas de aparicións

csag.gal 02/02/2026 00:01

Santiago, 02.02.2026.-    O programa de investigación ‘Expediente Oculto’ (22:40 h), agora en emisión cada luns á noite na TVG, seguiralles ofrecendo aos espectadores unha ollada rigorosa e transversal sobre crimes reais, actualidade xudicial e social, así como lendas e misterios de Galicia.

Presentado por Patricia Abet, o programa reconstrúe hoxe o crime de Verín, un dos casos máis coñecidos na provincia de Ourense nos últimos anos. Un chofer de autobuses, Bernardino Pousa, de 59 anos, aparece asasinado nas cocheiras da empresa en que traballaba. Fora brutalmente golpeado e lle cortaran o pescozo. Tras meses de pescudas, a investigación destapa unha conspiración no seu círculo máis próximo, marcada polos cartos e as desavinzas familiares. 

O programa continúa pola provincia de Ourense para achegarse tamén ao mosteiro de Melón, un dos grandes templos da Galicia medieval, onde a historia convive con lendas de aparicións.

E, na actualidade, ‘Expediente Oculto’ porá o foco no xuízo polo asasinato de Matilde Muñoz, a ferrolá que apareceu morta o pasado xullo nunha praia de Indonesia e cuxo xuízo por asasinato está desenvolvéndose actualmente na illa de Lombok.

A listaxe de colaboradores e expertos cos que se debullarán estes casos está conformada por Jorge Sobral, Jorge Melchor, Carlos F. Cortinas, Carlos Tresandí, Juan Pablo Sangiao, José Luis Ferreiro, José Antonio V. Taín e Eduardo Pereira.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade