'Expediente oculto' reconstrúe hoxe o brutal dobre crime de Xermade e analiza a violencia entre menores - CSAG
'Expediente oculto' reconstrúe hoxe o brutal dobre crime de Xermade e analiza a violencia entre menores
O programa revisa un dos sucesos máis impactantes acontecidos en Galicia nos últimos anos e aborda un preocupante fenómeno amplificado polas redes sociais

Santiago, 12.10.2026.- ‘Expediente oculto’ (22:45 h) aborda este luns o dobre crime de Xermade, un terrible suceso acontecido na noite do 22 de febreiro de 2012 e marcado pola extrema brutalidade coa que foron atacadas as vítimas. Un asalto nunha vivenda na aldea de Burgás, que rematou con dous asasinatos, numerosos golpes e cortes realizados cun machado, e unha terceira vítima gravemente ferida, todos eles membros dunha familia.
Un fillo machacado na cociña por 55 machadazos, un pai asfixiado co tubo da súa máquina de osíxeno e unha nai co cranio partido a golpes e un can mallado antes de que o horror entrara na casa. ‘Expediente oculto’ reconstrúe esta noite os feitos e a investigación que levou ata os responsables, dúas persoas que entraron na casa en busca de cartos e droga.
O programa complétase na mesa de sucesos cunha análise sobre a violencia entre menores e a súa difusión a través das redes sociais.
Para analizar ambos casos, ‘Expediente oculto’ contará este luns coa participación de Xosé Antonio Vázquez Taín, Elena Villanueva, Jorge Sobral, Alberto Ascáriz e Antón López como colaboradores.