div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente oculto' estrea tempada, coa análise polo miúdo do crime de Elisa Abruñedo e a súa investigación inédita

O espazo de sucesos falará tamén do caso inconcluso da ourensá Socorro Pérez e incorpora nova sección sobre os sucesos que mellor describen a nosa sociedade falando dos barrios máis conflitivos

csag.gal 14/09/2026 00:01

Santiago, 14.9.2026.-  ‘Expediente oculto’ (22:45 h) estrea esta noite segunda tempada na Televisión de Galicia, con renovación do estudio e novos colaboradores, conducido pola xornalista especializada en sucesos Patricia Abet, que contará cada luns tamén cunha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. Un formato de investigación que propón unha ollada rigorosa e transversal sobre crimes reais e a actualidade xudicial e social. 

Nesta nova etapa, cómpre salientar a inauguración dunha sección sobre os sucesos que mellor describen a sociedade e onde hoxe se falará dos barrios máis conflitivos, coa análise da xornalista de sucesos Elena Villanueva, o maxistrado Xosé Antonio Vázquez Taín e o xornalista Antón López

O espazo regresa á canle pública coa reconstrución do crime de Elisa Abruñedo, coñecido suceso desta muller asasinada preto da súa casa en Lavandeira en 2013, e a indagación que permitiu identificar o seu asasino. Un crime icónico, cunha investigación inédita que se prolongou durante unha década. Unha violación atroz, unha familia desfeita e uns axentes que non deixaron de tirar de canto fío atoparon ata que chegaron a Roger Serafín e ao momento da confesión do asasinato tras ser detido pola Garda Civil. Súmase esta noite á mesa o sarxento da Policía Xudicial da Coruña, Marcos Martínez Manteiga.

Por último, o espazo recuperará o caso aínda sen resolver de Socorro Pérez, muller asasinada en Ourense, onde once anos despois o seu verdugo segue libre. 

‘Expediente oculto’ reconstrúe en cada emisión casos que marcaron a crónica galega desde a perspectiva da investigación. Da man dos policías e gardas civís que estiveron á fronte das pescudas, o programa percorre os feitos, as probas e as decisións que permitiron avanzar en cada caso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade