div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente Oculto' destapa o crime agochado tras o stop fatal de Barro e estrea sección sobre desaparicións

O programa reconstrúe o asasinato de Jéssica Méndez, que se fixo pasar por accidente, aborda a enigmática desaparición do doutor Fernando Cuadrado e analiza o papel dos xurados populares no sistema xudicial

csag.gal 06/04/2026 00:01

Santiago, 6.4.2026.-  ‘Expediente Oculto’ (22:40 h) analiza esta noite o caso de Jéssica Méndez, unha moza de 29 anos da localidade pontevedresa de Barro, cuxa vida rematou o 17 de marzo de 2022 nun stop fatal. Unha historia estarrecedora, onde o que nun primeiro momento parecía un accidente, agochaba en realidade un asasinato. No outro vehículo atopábase un veciño, José Carlos Eirín, que levaba anos acosándoa e obsesionado coa vítima. Co seu coche, a arma do crime, embestiu a 100 quilómetros por hora o coche de Jessica mentres esta facía un stop.

O programa, que presenta Patricia Abet cada luns na TVG, estrea hoxe unha nova mesa dedicada ás persoas desaparecidas, coa exposición da misteriosa desaparición de Fernando Cuadrado, un prestixioso doutor da Coruña que, hai 30 anos, en pleno Nadal, o día do seu aniversario de voda, saíu cara ao supermercado e nunca máis regresou.

E no apartado sobre actualidade, ‘Expediente Oculto’ pon o foco nos xurados populares, un órgano clave do sistema xudicial, con detractores e defensores, en que calquera cidadán pode ser seleccionado para participar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade