div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

‘+ Cuñados’, da TVG, gaña en Belfast o premio Celtic Media á mellor comedia

A película foi distinguida na 47ª edición do certame internacional no que compiten os mellores traballos de tv, radio e novos medios dos territorios de tradición celta

A película está producida por Portocabo e dirixida por Luis Avilés

Alfonso López, produtor de Portocabo, e Gloría García Vivero, coordinadora de contidos da produtora, coa xefa de Contidos da TVG, Montse Besada e a xefa de Programas da Radio Galega, Natalia Penas Alfonso López, produtor de Portocabo, e Gloría García Vivero, coordinadora de contidos da produtora, coa xefa de Contidos da TVG, Montse Besada e a xefa de Programas da Radio Galega, Natalia Penas
csag.gal 04/06/2026 09:25

Santiago, 03.6.2026.- A longametraxe galega ‘+ Cuñados’, producida por Portocabo e participada pola Televisión de Galicia alzouse en Belfast co premio europeo Celtic Media Festival 2026 na categoría de Comedia. O festival, que celebra a súa 47ª edición en Belfast (Irlanda do Norte), premia deste xeito a produción dirixida por Luís Avilés que conta con Ourense e o entroido galego como pano de fondo. O premio foi recollido pola xefa de Contidos da TVG, Montse Besada, e o produtor Alfonso López, en representación de Portocabo.

‘+ Cuñados’ é a secuela da tamén comedia de éxito ‘Cuñados’ e recupera os personaxes da primeira entrega nunha trama marcada polo humor, os equívocos e a identidade galega. O filme, rodado en galego, conta con algunhas das caras máis recoñecidas do panorama audiovisual: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños e Mela Casal. A eles  súmanse, entre outros, os actores David Perdomo, Ivo Bastos, Ana Saltão e Nuno Sá.

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia compite nesta edición do Celtic Media Festival con producións de referencia procedentes de entidades como a BBC, RTÉ, TG4, S4C, MG Alba ou FR3. O certame recoñece anualmente os mellores traballos de televisión, radio e novos medios dos territorios de tradición celta. O Celtic Media Festival constitúe ademais unha plataforma estratéxica para a proxección internacional do audiovisual galego e para o establecemento de colaboracións entre operadores europeos, favorecendo o intercambio de contidos e o desenvolvemento de novos proxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade