div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Cos Pés na Terra' visita hoxe un centro que incorpora as terapias no medio rural e na natureza

O programa (22:00 h) tamén ten unha cita cun ferreiro especialista na restauración de tesouros antigos e cunha gandeira de porco celta

csag.gal 19/04/2026 02:00

Santiago, 19.04.2026.-    No programa desta noite de ‘Cos Pés na Terra’ van saltar chispas, concretamente as de Jorge, un ferreiro especialista na creación de pezas únicas e na restauración de tesouros antigos.

O espazo da TVG tamén ten unha cita con Sara, Cris e Sele, tres mulleres á fronte dun centro que incorpora as terapias no medio rural: a psicoloxía, a logopedia e a terapia ocupacional, especialidades ás que elas suman o valor de estar na natureza.

Ademais, os espectadores coñecerán a María, unha gandeira de porco celta que se incorporou hai pouco a un mundo que non deixa de sorprendela. O equipo do programa estará con ela e cuns animais tan galegos coma a súa criadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade