div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Cos pés na terra' regresa esta noite á TVG, con novas historias de vida que amosan a realidade do rural galego

Na tripla entrega deste domingo coñeceranse, entre outros, un informático reconvertido en labrego, unha ceramista con moita arte e dúas apicultoras do Suído

csag.gal 01/03/2026 00:01

Santiago, 01.3.2026.-  Televisión de Galicia trae de volta este domingo ‘Cos pés na terra’ (22:00 h), o programa que achega a realidade do rural galego a través das súas xentes e proxectos únicos. Na súa primeira emisión desta nova etapa, os espectadores coñecerán a Pablo, programador informático reconvertido en labrego para ledicia dos seus veciños e dos animais cos que comparte parcela. 

O programa terá tamén unha cita con Antía, ceramista que amosará a súa arte e os seus recunchos favoritos da aldea. Amais, o equipo do ‘Cos pés na terra’ pasará a xornada con Fátima e Melissa, dúas apicultoras da serra do Suído que producen mel de abella negra, unha especie galega.
    
Na seguinte emisión, o ‘Cos pés na terra’ sairá en ruta acompañando a Lois, veterinario sempre pendente das urxencias, para atender uns leitóns e unhas vacas con problemas. Este domingo, o programa dedicaralle tamén tempo á horta, grazas aos consellos de Elia, unha rapaza que acaba de emprender o seu propio proxecto no rural. E por último, coñecerase a Aroa, unha pintora todo terreo que capta calquera elemento co que convive na aldea. 

O ‘Cos pés na terra’ despedirase esta noite ofrecendo clase no bosque. O programa visitará o proxecto educativo que levan adiante Bibi e Sofía co cometido de que os máis pequenos descubran, gocen e aprendan estando en contacto coa natureza. Coñecerase, amais, a Alejandra, experta no deseño de espazos de cultivo, e a Lorena, unha gandeira nova que ten como paixón o preparado e manexo de gando para concurso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade