'Cos pés na terra' amosa hoxe as posibilidades na cociña das plantas silvestres - CSAG
'Cos pés na terra' amosa hoxe as posibilidades na cociña das plantas silvestres
O espazo da TVG (22:35 h) tamén ten unha cita cunha gandeira nova e cunha odontóloga equina

Santiago, 15.3.2026.- Os espectadores de ‘Cos pés na terra’ coñecerán hoxe a Denise e a Daniela, un francés e unha portuguesa que quixeron vivir en Galicia para divulgar o seu coñecemento sobre as plantas silvestres e as súas posibilidades na cociña.
O espazo da TVG tamén ten este domingo unha cita cunha gandeira nova e sobradamente preparada: Lucía, que, despois de estudar Veterinaria en Madrid, decidiu que traballar na casa, na súa terra, era o mellor que lle podía pasar.
Ademais, ‘Cos pés na terra’ descubrirá que os cabalos tamén necesitan ir ao dentista da man de Isa, amante dos cabalos e odontóloga equina, que amosará o seu traballo. O caso é ter valor e seguridade para meter a man por onde toca.
