div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Casamos!' volve esta noite á TVG coa voda de Laura e Diego, unidos polo mundo da verbena

Comezaron primeiro como xefa e empregado, máis tarde como amigos e, finalmente, como parella

csag.gal 22/07/2026 02:00

Santiago, 22.07.2026.-    Esta noite volve á TVG ‘Casamos!’ (22:15 h), o popular espazo dos medios públicos sobre historias reais de amor que acaban en voda e en que as cámaras recollen todos os preparativos da cerimonia.

A verbena galega uniu a Laura e Diego, os protagonistas da primeira entrega desta nova temporada, como xefa e empregado e, máis tarde, como amigos. O que non agardaban era que tamén os unira como parella. Ambos estaban en relacións longas cando se coñeceron, pero, tras finalizar eses compromisos, non puideron controlar a chispa do amor. 

Tras dous anos de relación, en que viviron, traballaron e gozaron xuntos, agora deciden casar nunha voda en que puxeron todos os seus esforzos e en que teñen en conta cada convidado para que sexa un día inesquecible para todos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade