div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Bailamos' recibe a Rosa López e a Hemellyn, finalista da edición anterior, nunha gala marcada polos primeiros candidatos

Febres converterase en Chayanne no ‘Playback’, Gisela non poderá bailar por unha lesión e a tensión entre Álex e Noelia podería afectar a súa actuación

csag.gal 18/10/2026 00:01

Santiago, 18.10.2026.-     A Televisión de Galicia ofrece este domingo unha nova gala de ‘Bailamos’ (22:30 h), nunha noite en que chegarán as primeiras candidaturas á expulsión da temporada e en que os nervios estarán máis presentes ca nunca.

 A gala comezará por todo o alto coa primeira coreografía grupal da edición, ‘Europe’s living a celebration’, sen que os concursantes saiban que Rosa López estará no estudio para sorprendelos. A cantante, que tamén interpretará ‘Don’t stop the music, baby’, gozará da gala e deixará varios consellos aos concursantes. 

Outra das sorpresas será Eva Iglesias, que nesta ocasión se incorporará ao xurado para substituír a Tania. A presentadora, que xa participou en ‘Bailamos Celebrity’, terá que demostrar que tamén sabe poñerse ao outro lado da mesa e valorar as actuacións dos concursantes. 

Na competición, Febres volverá sacar a súa faceta máis ‘sexy’ e latina para poñerse na pel de Chayanne no ‘Playback’. Despois do 10 conseguido na gala anterior, chega disposto a demostrar que aínda pode sorprender o xurado. Quen tamén sorprenderá será Hemellyn, finalista da pasada edición, que regresará ao escenario para bailar con Rafine ‘Hasta la raíz’. Será unha actuación especialmente emotiva para o concursante, polo significado que ten para el a canción. 

A emoción chegará tamén da man de Gisela e Alis. Unha lesión, unha rotura de fibras, impedirá que Gisela poida bailar a coreografía que preparou coa súa compañeira. Alis terá que saír ao escenario soa, as dúas conectarán en directo durante a gala e protagonizarán un dos momentos máis emocionantes da noite. 

Pola súa parte, Martín e Brais viaxarán ata os anos 50 para bailar ‘Greased Lightning’. Martín chega tras o duro golpe da gala anterior, na que recibiu un 2, pero non quere tirar a toalla. Mentres, Brais continúa disposto a converterse nun bailarín máis versátil e terá como misión axudar o seu compañeiro a recuperar a confianza. Mauro e Alejandra cambiarán completamente de rexistro para bailar Beyoncé en categoría ‘Folk’. O country obrigará aos dous a poñer as botas e a enfrontarse a unha coreografía que promete ser tan divertida como complicada. 

Tamén haberá salsa para Álex e Noelia, nunha actuación que chega acompañada de tensión, debido a un conflito persoal entre os dous. A súa relación vivirá así un novo capítulo precisamente enriba do escenario. Emma e Juanogy terán que sacar a súa faceta máis ‘sexy’, mentres que Sara e Marinés protagonizarán un revival en que a súa amizade e o apoio mutuo serán protagonistas.  

O xurado teno cada vez máis difícil, e a tensión chegará ata o final: os catro concursantes situados nos últimos postos da clasificación quedarán na zona de perigo e dous deles serán eliminados a próxima semana, así que cada punto será decisivo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade