div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Bailamos' celebra este domingo a súa gran final con Mauro, Alis e Alejandra loitando por un premio de 10.000 euros

Os finalistas afrontan o último reto con dúas coreografías cada un: un baile acompañados por un dos mestres da academia e outro eles sós fronte ao xurado
 
As familias estarán moi presentes nesta noite chea de emocións e contarase coa visita dos gañadores de edicións anteriores, Iria Vigo e Miguel Canalejo

csag.gal 22/11/2026 00:01

Santiago, 22.11.2026.-    Chegou o gran día! Televisión de Galicia emite este domingo a gran final de ‘Bailamos’ (22:30 h), en que Mauro, Alis e Alejandra loitarán por converterse na persoa gañadora desta edición e levar os 10.000 € de premio. Despois de semanas de aprendizaxe, esforzo e emocións, os tres finalistas afrontan o último reto nunha noite que promete ser inesquecible. 

Cada finalista defenderá dúas coreografías: unha individual e outra en parella cun dos mestres da academia. Eles mesmos escollerán as cancións coas que queren conquistar o xurado e demostrar que merecen a vitoria. 

Alejandra, viguesa e estudante de Maxisterio especializada en danza clásica, bailará con Verónica nunha proposta moi persoal, dedicada á súa avoa, en que amosará as distintas facetas dunha bailarina. Alis, peruana asentada en Vilagarcía de Arousa, compartirá pista con Richi cunha coreografía chea de enerxía, saltos e ritmo en que se atreverá co swing. Ademais, vivirá unha sorpresa moi especial, de que se tratará? 

Pola súa banda, Mauro, maquillador de Corna, A Coruña, bailará con Antía ao ritmo de ABBA nunha coreografía técnica coa que quere demostrar todo o aprendido durante o concurso. 

As familias terán un papel protagonista nesta gran noite, acompañando os finalistas nun momento tan importante. Pero tamén haberá espazo para o reencontro: os once concursantes que participaron nesta edición volverán ao estudio para apoiar os seus compañeiros e compartir unha homenaxe a todo o vivido. A sorpresa chegará da man de Iria Vigo e Miguel Canalejo, gañadores de edicións anteriores, que regresarán a ‘Bailamos’ cunha actuación moi especial. 

A gala contará tamén coas actuacións do ballet do programa e cunha sorpresa de Tania, que amosará unha nova faceta artística. Tres finalistas, dúas actuacións para cada un e un premio de 10.000 euros. Unha última noite para celebrar o baile, o talento e todo o que hai detrás desta aventura. Quen conseguirá a vitoria? 

#GranFinalBailamos, este domingo, ás 22:30 h na TVG. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade