div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'A liga dos cantantes extraordinarios' achega hoxe novos retos, unha das mellores actuacións do espazo e música de cine

Laura Añón, Yennia e César Romero abren o terceiro programa cunha versión da ‘Muiñeira de Chantada’ e Saray de Sousa toma a remuda de Lito á fronte da Panorama

csag.gal 17/10/2026 00:01

Santiago, 17.10.2026.-   Laura Añón, Yennia e César Romero abren este terceiro programa de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (21:55 h) cunha versión da muiñeira de Chantada, con letra de Paco Lodeiro. Neste programa, Los Satélites contan coa presencia de Alejandra Pais como madriña a cal transmitirá unha mensaxe de Saavedra para o resto de padriños.

Ademais, Saray De Sousa substitúe a Lito aos mandos da Panorama. Pola súa banda, Barbazán intenta comprar a vontade dos membros do xurado cunha pequena chantaxe emocional. Jose será o primeiro en pisar o escenario co tema ‘Que me falte todo’, de Luck Ra e Abel Pintos. O xurado volve destacar de Jose a súa faceta de animador e a boa onda que transmite. 

Clara sorprende saíndo da súa forma de confort ao interpretar o tema ‘Un beso’ e Avi interpreta o tema ‘Palmira señorial’ de forma brillante. Fani dará moito que falar coa súa actuación, a que segundo Iago Pico é unha das mellores actuacións da historia da Liga. A Kevin tamén lle toca saír da súa zona de confort co tema ‘Linda Carmiña’, unha cumbia que defenderá con enerxía a pesar de non atoparse dentro dos seus gustos musicais. 

Kiowa é a última en actuar co tema ‘Ola, ola, ola’. Non pode faltar o medley, desta vez dedicado a bandas sonoras de películas, como ‘O escolta’, ‘Flashdance’ e ‘Titanic’. Saray de Sousa, Blas, Diego Barbazán, Alejandra Pais e César Romero son os encargados de abraiar o público con esta homenaxe cinéfila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade