Ángela e Juan Carlos celebran este luns as súas vodas de prata no programa 'Casamos!' - CSAG
Ángela e Juan Carlos celebran este luns as súas vodas de prata no programa 'Casamos!'
Ao longo de todo este tempo houbo altos e baixos no matrimonio, pero nada impediu que o amor triunfase entre eles

csag.gal
28/07/2025 02:00
Santiago, 28.07.2025.- O programa ‘Casamos!’ (22:25 h), que retrata cada semana o universo das vodas en Galicia, compartindo cos noivos a fase dos preparativos e o gran día, acompañará hoxe a Ángela e Juan Carlos, que celebran as súas vodas de prata.
25 anos de casados que agora queren celebrar coa súa xente máis querida e achegada. Ao longo de todo este tempo houbo altos e baixos no matrimonio, pero nada impediu que o amor triunfase entre eles.