Sucesos
Rescatan os dous tripulantes dun veleiro encallado fronte a Oia
14/11/2026 20:01
Os dous ocupantes, de procedencia belga e francesa, recibiron asistencia sanitaria
A embarcación presentaba unha vía de auga no casco
A suspensión de voos nos EUA foi por un erro no sistema e non por un ciberataque
14/11/2026 16:49
Miles de pasaxeiros seguen afectados nos EUA, con máis de 3.700 voos cancelados
Os EUA reanudan as engalaxes nos aeroportos tras horas de interrupción
Un home, de 70 anos, en estado crítico tras caer desde un sétimo piso en Ourense
14/11/2026 14:33
A vítima precipitouse desde uns 22 metros de altura cando intentaba entrar na casa do veciño que deixara as chaves no interior
Aconteceu ás 12:30 horas nun edificio da rúa Coruña
Unha persoa ferida tras envorcar co coche na AP-9
14/11/2026 13:24
Debido ao accidente cortouse a circulación na estrada, provocando longas retencións
Comisados máis de 100 quilos de berberechos extraídos de forma ilegal en Corrubedo
14/11/2026 12:01
Os axentes sorprenden a seis furtivos extraendo o marisco no parque natural tras dúas xornadas de vixilancia nocturna con visores térmicos
Detido un veciño de Cariño como presunto autor de varios roubos en igrexas
14/11/2026 10:31
Os feitos sucederon a raíz dos roubos acaecidos desde finais de maio en varias localidades da zona, xerando unha grande alarma social
Pechada unha canle de Tiktok que captaba contas para mover diñeiro do cibercrime
14/11/2026 09:48
A investigación permitiu recuperar 38.000 euros e poñer fin a esta canle utilizada nesta rede social, nun caso no que hai polo menos 162 vítimas afectadas
Dous homes, de 25 e 61 anos, falecen atropelados na Coruña e Frades
14/11/2026 02:13
O sinistro de Frades foi nunha zona iluminada pero a vítima non levaba chaleco reflector
O condutor do accidente da Coruña presentaba unha taxa de alcol constitutiva de delicto
Un buque choca cun cruceiro con 129 persoas a bordo en Nova Orleans e déixao escorado
13/11/2026 22:27
O barco achábase atracado no porto para descargar aos seus pasaxeiros cando recibiu o golpe
As primeiras informacións non reportaron vítimas
Detido en Madrid un xihadista nun avanzado estado de radicalización e disposto a morrer
13/11/2026 18:42
A Audiencia Nacional acordou o seu ingreso en prisión polos delitos de autoadoutrinamento terrorista e adoutrinamento a terceiros