Agro e Mar

As patacas son fillas dos tomates
11/08/2025 14:24
Hai 9 millóns de anos houbo unha hibridación de especies ente unha planta silvestre suramericana e un antepasado do tomate
Científicos chineses rastrexaron no maior banco xenético xamais investigado e atoparon coincidencias co ADN de tomates

A Xunta destinará 350.000 euros para que os estudantes de FP poidan facer prácticas en barcos
11/08/2025 14:42
O Goberno galego pon en marcha unha liña de axudas para impulsar a remuda xeracional na pesca
Garantir a remuda xeracional é un dos principais retos aos que se enfronta o sector do mar

O viño branco da cooperativa Paco & Lola, elixido como o mellor nos premios Alimentos de España 2025
09/08/2025 17:22
A cooperativa Paco e Lola está formada por máis de 400 familias da comarca da Arousa

Unións Agrarias advirte sobre a posible aparición dun "mercado negro" de uva
08/08/2025 14:16
O sindicato agrario denuncia que o Consello Regulador da DO Rías Baixas prioriza as adegas fronte aos pequenos produtores

Antigos internos do orfanato Virxe do Mar de Panxón lembran o seu paso polo centro
06/07/2025 14:40
O orfanato Virxe do Mar de Panxón creouse en 1948 para acoller rapaces orfos que perderan a seu pai no mar
Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada
Antigos internos celebran unha xuntanza anual desde hai 44 anos

O Bono Peixe de 50 euros estará dispoñible para a súa descarga a partir do 28 de xullo
07/07/2025 13:56
As persoas que descarguen o bono poderán obter un desconto do 25 % na súa compra, ata un máximo de 5 euros semanais, durante dez semanas
Os establecementos interesados en ser beneficiarios desta campaña poden darse de alta desde o día 11 na plataforma creada pola Consellería do Mar

Éxito do 17º Festival Ribeira Sacra, que enxalza a enoloxía, a música e o territorio
20/07/2025 14:02
A Ribeira Sacra consolídase como referente dos slow fest, escapando das multitudes e converténdose nun exemplo a seguir dos festivais de experiencias

A campaña do choco chega á súa fin
07/07/2025 15:14
A piques de rematar unha tempada en que se conseguiu menos produto, pero revalorizouse

As capturas de polbo en Galicia duplícanse respecto a 2024 tras meses de veda e paro
25/07/2025 11:46
As lonxas galegas comercializaron nun mes preto de 290 toneladas de polbo, cun valor superior aos 3,3 millóns de euros
O prezo medio de saída foi de 11,45 euros por quilogramo, máis que os 10,42 do anterior rexistro
As lonxas con maior actividade foron, por esta orde, as de Ribeira, Bueu e Vigo

ASAGA alerta de prácticas abusivas das industrias lácteas cos gandeiros
05/08/2025 14:30
Sinala que as empresas queren ampliar a duración dos contratos agora que se prevé unha suba de prezos
A asociación denuncia tamén que as granxas pequenas reciben ata dez céntimos menos por litro que as grandes

Bos resultados no inicio da campaña do polbo, con 290 toneladas capturadas en menos dun mes
26/07/2025 14:39
Sobe tamén o prezo na lonxa, cunha facturación de 3,3 millóns no que levamos de xullo
As confrarías de Ribeira e Bueu duplicaron as capturas do ano pasado

Unha corentena de aloitadores e aloitadoras xúntanse no curro de Carballo para a rapa
27/07/2025 13:35
A diferenza doutras rapas, na de Friol aos animais pónselles o chip, sanéanse e córtanselles as crinas, pero non se marcan con nitróxeno para evitarlles maior estrés e dor

Un proxecto de rexeneración da ostra plana en Barallobre
02/08/2025 14:35
Instalan estruturas con semente de ostra na zona intermareal para que medre protexida
A previsión é que dentro de oito meses poidan levar a ostra aos bancos marisqueiros

Padrón celebra a súa popular Festa do Pemento de Herbón
02/08/2025 15:23
A deste ano é a 45ª edición da festa
Cociñan máis de 3.000 racións de pementos para repartir entre todos os asistentes

Castro Caldelas celebra unha nova edición da súa Feira do Gando
02/08/2025 21:09
O evento busca pór en valor a importancia, tanto económica como social, do sector gandeiro nesta comarca

Os 'Peixes Protectores' chegan a Galicia para combater a mala sona do peixe azul
29/07/2025 14:41
Comentarios en redes sociais xeran temor sobre o contido en metais pesados de certas especies
Unha campaña promocionará o valor positivo das graxas omega 3 do peixe espada, a quenlla e o marraxo

Sindicatos agrarios e Xunta piden unha reunión urxente co ministerio ante o recorte de fondos da PAC
29/07/2025 15:52
Europa recorta en máis dun 20% as axudas para a Política Agraria Común
Galicia busca crear unha fronte con outras comunidades e apelan tamén aos consumidores

A granxa coas vacas máis fermosas de Galicia está en Vimianzo
28/07/2025 16:42
Ten 8 das mellores por clasificación morfolóxica da provincia da Coruña

Declaran a nulidade das ampliacións de capital de Atunlo Cambados e O Grove realizadas en 2024
24/07/2025 16:43
O xuíz aprecia "mala fe" e considera que estas ampliacións prexudicaron a "masa activa" do concurso, a empresa e os seus acredores, beneficiando "unicamente" algún dos socios

Terceira sentenza do Supremo que avala a prórroga á fábrica de Ence en Pontevedra
24/07/2025 18:29
Os maxistrados volven declarar válido o permiso para que Ence ocupe terreos de Costas ata 2073