O Celta mide o seu momento diante do Vitoria de Guimarães (venres, 21:00, TVG)
Bryan Zaragoza adestrouse co grupo e haberá que ver se Claudio se decide a darlle algúns minutos no amigable
O Celta afronta a fase final da pretemporada. Tras a minixira europea coas citas ante o Stuttgart e o Grasshopper, o equipo de Claudio regresa a Portugal para se medir co Vitoria de Guimarães.
Os vigueses pecharán os amigables o sábado 9 co Wolverhampton. Claudio quere ver se mellora evidenciada ante o rival suízo o martes se mantén fronte un equipo que o ano pasado xogou Conference League e foi sexto no campionato portugués.
No aire queda a participación dun Bryan Zaragoza que chegou a Vigo cos deberes feitos pero un pouco xusto de físico. Se Bryan non viaxa finalmente a Guimarães ha estar moi atento a esta canle este venres a partir das 9.