MATALOBOS - CSAG
MATALOBOS: A do marisco
Matalobos é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia, que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos. O motivo é que na vila hai cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán por eles.